O visitador do preso
- ISBN: 9788418445392
- Editorial: Universidad de Santiago de Compostela
- Fecha de la edición: 2021
- Lugar de la edición: Santiago de Compostela. España
- Colección: Clásicos do Pensamento Universal
- Encuadernación: Cartoné
- Medidas: 23 cm
- Nº Pág.: 180
- Idiomas: Gallego
Concepción Arenal dedicou boa parte dun inesgotable activismo social e intelectual ao estudo crítico da realidade penal española. Serviuse da experiencia acumulada no desempeño dos cargos oficiais de visitadora de cárceres de mulleres da Coruña (1863) e inspectora de casas de corrección de mujeres (1868-1873) e, sobre todo, do seu talento, sensibilidade e intuición para a redacción de obras que a sitúan nun posto de gran relevancia nos estudos penais europeos: Cartas a los delincuentes (1865), Estudios penitenciarios (1877), O visitador do preso (1893) é unha das obras de referencia para o estudo das ideas centrais do seu pensamento penal. Para Arenal, a sanción penal é un instrumento de expiación, moralización e educación. Nos vinte e un capítulos d'O visitador do preso, aborda os conceptos de delito, delincuente, arrepentimento e emenda, e examina as virtudes e condición que debe reunir o visitador de prisións, a finalidade das súas visitas, a linguaxe que debe empregar, o tratamento dos presos segundo o xénero e a idade, todo co pano de fondo da situación en que, mediando o século XIX, se atopaban os cárceres españois, inimaxinable para os cidadáns de hoxe.
Prólogo e tradución Gumersindo Guinarte Cabada e Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas.