A guerra na Galicia do Antigo Réxime (ss. XVI-XIX)
textos e contextos
- ISBN: 9788496673199
- Editorial: Toxosoutos Editorial
- Fecha de la edición: 2007
- Lugar de la edición: A Coruña. España
- Colección: Anais
- Encuadernación: Rústica
- Medidas: 21 cm
- Nº Pág.: 564
- Idiomas: Gallego
Este libro divídese en dúas partes. Unha primeira parte que trata de explicar a estrutura militar na que se integraban os galegos e a súa organización, así como as distintas visións da guerra por parte dos diferentes grupos protagonistas: nobres, campesiños, igrexa, mulleres..., procurando mostrar os efectos da guerra na poboación galega, e as súas actitudes ante a violencia e as obrigas militares xeradas. Na segunda parte, tentouse mostrar os conflitos bélicos que se desenvolveron en Galicia #ou que garden relación con ela# ao longo do Antigo Réxime seguindo o fío cronolóxico, delimitado polos séculos XVI- XIX, nos que se mostra o contexto histórico de cada enfrontamento e as causas xerais e/ou concretas que o xeraron. Os textos que acompañan os distintos apartados da obra pretenden servir para ampliar e ilustrar a citada visión de conxunto, e poden ser útiles para todo investigador ou curioso deste aspecto da Historia de Galicia.