Typewriter
a historia escrita á máquina
- ISBN: 9788445349953
- Editorial: Xunta de Galicia
- Fecha de la edición: 2011
- Lugar de la edición: Santiago de Compostela. España
- Encuadernación: Cartoné
- Medidas: 24 cm
- Nº Pág.: 201
- Idiomas: Gallego
En plena era dixital, as máquinas de escribir pasaron a ser case reliquias que nos retrotraen a épocas máis románticas nas que literatos, guionistas, xornalistas ou oficinistas traballaban entre carretes de cinta, líquido corrector e o entrañable son que se producía ao teclear nas súas inseparables máquinas, cos dedos manchados de tinta. Agora, convidámosvos a reflexionar sobre cal foi o papel da máquina de escribir na configuración da nosa historia contemporánea e de como a súa evolución naceu da necesidade de comunicación do ser humano.
Esta exposición é unha homenaxe á radicalidade e eficiencia que achegou a máquina de escribir na aceleración do ritmo das comunicacións e as relacións sociais e que supuxo unha revolución para o mundo gráfico e profesional en xeral.
A Colección Sirvent, de onde provén este significativo legado que expomos, dispón dunhas 3.500 máquinas de escribir, das cales 2.500 están preparadas para o seu normal funcionamento grazas a unha restauración moi rigorosa.
Para esta exposición seleccionáronse máis de 120 unidades que representan o máis destacado da historia universal das máquinas de escribir. A mostra complétase con algunhas intervencións site-specific de artistas contemporáneos, unha significativa selección de carteis publicitarios, caixas orixinais de cintas de escritura e outros instrumentos, tales como protectores de cheques, afialapis, fotografías e métodos curiosos de mecanografía.